All Tomorrow's Parties [Galician translation]
All Tomorrow's Parties [Galician translation]
E que traxe ha levar a pobre rapaza
En todas as festas de mañá?
Un vestido de segunda man de quen sabe onde
En todas as festas de mañá.
E onde vai ir e que vai facer
Cando volva a medianoite?
Recorrerá outra vez ao pallaso do domingo
E chorará detrás da porta.
E que traxe ha levar a pobre rapaza
En todas as festas de mañá?
Por que sedas e liños dos vestidos de onte
En todas as festas de mañá?
E que vai facer cos galdrapos da quinta feira
Cando volva a segunda feira?
Recorrerá outra vez ao pallaso do domingo
E chorará detrás da porta.
E que traxe ha levar a pobre rapaza
En todas as festas de mañá?
Porque a nena da quinta feira é o pallaso do domingo
por quen ninguén non porá loito.
Unha mortalla ennegrecida, un traxe de segunda man
De farrapos e sedas, un vestido
Axeitado para alguén que se senta a chorar
Por todas as festas de mañá.
- Artist:The Velvet Underground
- Album:The Velvet Underground & Nico