O tren [Catalan translation]
O tren [Catalan translation]
O tren que me leva pola beira do Miño
me leva e me leva polo meu camiño,
o tren vai andando pasiño a pasiño
e vaime levando cara ao meu destino;
alguén pode ser que me espere na estación
na terra da felicidade.
Todo que sexa amor e paz
o atoparei, eu o terei
coa miña moza no meu lar.
O tren que me leva camiña e camiña
vai botando fume e corre pola vía,
o río vai feito un mar de ledicias
no tren pouco a pouco, volto á miña Galicia;
pasei moito tempo sen lar lonxe de aquí,
foron mil noites cheas de soidade.
Falando coa xente polas mañás
escoitarei, e saberei
o que pasou polo meu lar.
O tren que me leva pola beira do Miño
me leva e me leva polo meu camiño,
o tren vai andando pasiño a pasiño
e vaime levando cara ao meu destino;
alguén pode ser que me espere na estación,
na terra da felicidade.
Todo que sexa amor e paz
o atoparei, eu o terei
coa miña moza no meu lar.
- Artist:Andrés do Barro
- Album:O tren (1969)