Un violinista en tu tejado [Galician translation]
Un violinista en tu tejado [Galician translation]
Es tan dura como a pedra do meu chisqueiro;
asáltanme as dúbidas de se te quero;
es tan fría, ai, coma a auga que baixa libre da montaña.
E non o entendo, foi tan efémero o camiñar do teu dedo
nas miñas costas debuxando un corazón;
e pido ao ceo que saiba comprender estes ataques de celos
que me dan se eu non te volvo a ver...
E pídolle á Lúa que alumee a túa vida; a miña xa hai tempo
que xace fundida.
Co que me custa querer so de cando en vez,
mellor non te quero, será máis barato.
Canso de ser o triste violinista que está no teu tellado,
tocando pr'o inglés sempre desafinado.
Es tan tenue como a luz que alumea a miña vida,
a máis madura froita prohibida,
tan diferente e parecida á treboada que levou a miña vida...
E non o entendo, foi tan efémero o camiñar do teu dedo
nas miñas costas debuxando un corazón;
e pido ao ceo que saiba comprender estes ataques de celos
que me dan se eu non te volvo a ver...
E pídolle á Lúa que alumee a túa vida; a miña xa hai tempo
que xace fundida.
Co que me custa querer so de cando en vez,
mellor non te quero, será máis barato.
Canso de ser o triste violinista que está no teu tellado,
tocando pr'o inglés sempre desafinado.
E pídolle á Lúa que alumee a túa vida; a miña xa hai tempo
que xace fundida.
Co que me custa querer so de cando en vez,
mellor non te quero, será máis barato.
Canso de ser o triste violinista que está no teu tellado,
tocando pr'o inglés sempre desafinado.
E, mentras busco no lixo,
van medrándonos os ananos
deste circo que un día montamos,
pero que non che caiba ningunha dúbida:
moi pronto serei ceibado,
porque o tempo cúrao todo,
porque un cravo quita outro cravo,
sempre desafinando,
e, mentras busco no lixo,
van medrándonos os ananos
deste circo que un día montamos,
pero que non che caiba ningunha dúbida...
- Artist:Melendi
- Album:Curiosa la cara de tu padre (2008)