Lettera a mio padre [Galician translation]
Lettera a mio padre [Galician translation]
Bestas coma ti
deambulan por aí e non é doado
descubrilas, sabes por que?
Son fabricantes de máscaras.
Cóspente no mundo
só para ter unha comida fácil.
Eu sigo aquí.
Son duro de roer,
incluso máis ca ti.
Nunca é doado
aceptar que te recoñezo
entre as miñas engurras que
se parecen cada vez máis ás túas.
E este sangue que
sabe un pouco a monstro e un pouco a min
lévame a pensar que querería agradecerche
que non esteas.
Poucas engurras
de expresión.
Nada máis de ti
sobrevive en min.
Un apelido que levar
é o único que serás
e nunca máis me verás.
De monstros coma ti
está cheo o mundo e non é doado
descubrilos, sabes por que?
Teñen mans brancas e voz suave,
pero se os miras ben
dentro dos seus ollos non ves nada.
O corazón alugan a unha noite negra
sen ningunha luz.
Poucas engurras
de expresión.
Nada máis de ti
sobrevive en min.
Un apelido que levar
é o único que serás.
Nunca máis me verás.
Cada mal é un ben cando che é útil.
Tamén aprendín a aguantar ben.
Estiven fóra todo o tempo,
fóra de min mesmo e dentro do mundo.
Xa non hai medo
e non hai nada.
O que era xigante hoxe non se ve.
Nas costas atopas cicatrices
e alí enganchas as ás.
Poucas liñas na pel.
Nada máis de ti
sobrevive en min.
Un apelido que levar
é o único que serás.
Nunca máis me verás.
Cada mal é un ben cando che é útil.
Tamén aprendín a aguantar ben.
Estiven fóra todo o tempo,
fóra de min mesmo e dentro do mundo.
Xa non hai medo
e non hai nada.
O que era xigante hoxe non se ve.
Nas costas atopas cicatrices e alí
enganchas as ás.
Cada mal é un ben cando che é útil.
Tamén aprendín a aguantar ben.
Quizais un día sexa pai
e direille que cambie as estrelas.
E direille que unha labazada fai dano
e que unha palabra ás veces te mata.
E cando nas costas tes cicatrices
alí enganchas as ás.
- Artist:Ermal Meta
- Album:Umano